Friday 03 de May de 2024

Manuel Dieste Mos, distinguido a título póstumo coa Cruz de Ouro pola Asociación Española de Agrupacións de Protección Civil


A agrupación riveirense tamén será condecorada polo seu labor

O que foi fundador da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira, Manuel Dieste Mos, vén de ser distinguido a título póstumo pola ANAV Protección Civil (Asociación Nacional de Agrupaciones y Asociaciones de Voluntarios de Protección Civil de España) coa Cruz de Servizos Distinguidos na categoría de ouro.

Así o acordou por unanimidade a citada entidade na xunta directiva celebrada o pasado 26 de agosto, segundo comunicación recibida esta semana no Concello. Ademais, a propia Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira tamén foi recoñecida en votación unánime polo seu labor exemplar coa Placa ao Mérito na súa categoría de ouro.

Cerimonia de entrega
Ambas distincións serán entregadas nunha cerimonia que se celebrará o vindeiro 19 de outubro na Academia Galega de Seguridade Pública.

Cómpre lembrar que a Corporación Municipal de Riveira xa acordou no pleno do pasado febreiro de 2019 que a sede da agrupación de voluntarios riveirense levase o nome de Manuel Dieste Mos.